jueves, 24 de octubre de 2013

CORTOS DE CINE DE MEDO

Non sei se vos atreveredes... pero aquí vos deixo unhos cortos de medo.
Xa me contaredes se vos gustaron.
Donald en la noche de Halloween.
Alarm
La bruja

miércoles, 23 de octubre de 2013

VAI DE CONTOS DE MEDO

Non sei se é porque se acercaba Samaín (Halloween), pero os nenos e nenas da clase querían ter na biblioteca da aula contos de medo.

Entre os que collimos na biblioteca do cole, os que traio eu e os que traen eles... non temos tempo para lelos todos.

Mirade que adornada temos a entrada da clase coas vosas pantasmas que ilustran tan ben este tema.

Moitas grazas a todos pola participación.




martes, 22 de octubre de 2013

XOGAMOS COAS LETRAS?

Aquí vos deixo un enlace a un xogo.
Pretende traballar tanto a discriminación visual como auditiva dos fonemas nas palabras. Isto nos ven moi ben, xa que é importante que os rapaces saiban que letras compoñen as palabras para que non se coman ningunha cando escriben.
Espero que vos guste.

http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2003/letras/

A NOSA AULA

Ola familias:

Aquí estamos como cada mañá na asamblea.
Con esta actividade pretendemos mellorar a nosa expresión oral, contando as cousas que nos pasaron, lendo contos, presentando os traballos que traemos da casa,...
O espazo é pequeno pero nos apañamos.
Mirade que calados e ben sentados estamos.




viernes, 18 de octubre de 2013

BENVIDOS/AS

Ola nenos e nenas
Ola familias
Aquí empeza o noso camiño pola rede.
Espero que este sexa un bo medio de comunicación para todos, en tódalas direccións.
Animádevos e participade.