Mostrando entradas con la etiqueta proxecto voz natura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta proxecto voz natura. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de enero de 2022

martes, 25 de septiembre de 2018

PROXECTO: CREAR UN CARTEL PUBLICITARIO

Despois de ver o video de Mero onde nos pide axuda para coidar do planeta moitos comentamos na clase sobre o uso das botellas de plástico, algúns observamos que trouxemos botellas reutilizables ou de aluminio, pero a maioría traemos de plástico.

Decidimos que para convencer as nosas familias da necesidade de facer un cambio, podiamos facer un cartel ou anuncio.

Así que para iso é necesario empezar por saber algo máis dos anuncios.



Agora imonós poñer en marcha, por equipos faremos un bocexo do noso cartel.

martes, 17 de abril de 2018

PLANTAMOS NA HORTA MEDIEVAL

Os nenos e nenas de 1ºA seguimos plantando na nosa horta medieval e aprendendo sobre as plantas coas que estamos traballando.

Como vos bruxos e bruxas aprendemos sobre as plantas e as súas propiedades. Aprendimos sobre o tomiño, que é un antibiótico natural. Podemos tomalo en infusión ou en sopa.

Plantamos na horta cebolas e chalotas, hortalizas que se cultivaban na época medieval.





Tamén aproveitamos para quitar as malas herbas dos demais bancais.




martes, 4 de abril de 2017

FLOR REPRESENTATIVA DE GALICIA: A CAMELIA

Ainda que a camelia é un arbusto orixinario de Asia, foi introducida en Europa no século XVIII e a súa presenza en Galicia data do ano 1800.

Así que podemos dicir que fa camelia é unha flor representativa de Galicia, onde temos unha parada na ruta da camelia moi pretiño de nós, no pazo de Mariñán.

Así que aquí estamos nós plantando as nosas camelias... e un ceboliño que nos trouxo Lara Fernández.





















viernes, 3 de marzo de 2017

TRANSPLANTAMOS OS REPOLOS

Arroz con chícharos
patacas novas
repolo de Betanzos
e máis cebolas.

miércoles, 21 de diciembre de 2016

PLANTAMOS OS REPOLOS

Antes do nadal moitos trouxemos receitas de repolos e algúns trouxeron sementes de repolos e as plantas da súa horta.

Moitas grazas familias por colaborar, pero como non nos daba tempo a plantalas na horta as colocamos nunha macetiña e a volta das vacacións irán para a horta.


jueves, 24 de noviembre de 2016

martes, 15 de noviembre de 2016

EXPERIMENTO: COMO INFLÚE A LÚA NAS PLANTAS

Estivemos lendo un libro sobre unha horta ecolóxica

Resultado de imagen de mi huerto ecológico cuento

e nel falaba de que para sementar había que fixarse na fase da lúa onde estivesemos. Pero por que?

Pois imos a tratar de averigualo, plantaremos sementes de cenoria nas diferentes fases da lúa durante este mes e a ver que pasa.















jueves, 20 de octubre de 2016

IMOS RECICLAR

Na escola estivemos falando sobre o noso patio e como o vemos de limpo.
Ti como o ves?

Nos chegamos a conclusión que hai lixo polo patio, polo que este ano imos reciclar na aula e así non levaremos o lixo para os contenedores do patio.

E con estes xogos reciclaremos tanto no cole como na casa.

evita que caiga

la magia del reciclaje

recicla

aprendiendo a reciclar


lunes, 10 de octubre de 2016

IMOS PLANTAR CICLAMEN NO XARDÍN

O xardín que empezamos a acondicinar o ano pasado necesitaba unhas cantas flores de temporada.

Entre todos e todas plantamos os ciclamen, foi todo un traballo en equipo.











martes, 13 de septiembre de 2016

TEMOS CARACOIS!!!

Pois o novo curso non podía empezar mellor. Plantando e amañando un pouquiño o xardín, despois do verán, atopamos nunha maceta "bebés caracois".

Collín uns pouquiños e leveinos para a clase.

As súas caras pagaron a pena... sobre todo ao ver como se implicaron en buscar información dos caracois e en traer o necesario para ter os caracois na clase.

Grazas, sobre todo a Antonio que nos trouxo a caixa onde espero que estean todo o curso.

Coidar...coidarémolos moito.



viernes, 1 de abril de 2016

IMOS Á HORTA

Aproveitando que hoxe parece que está bo tempo, decidimos ir transplantar o noso millo, que xa está moi grande.
Ademáis miramos que podiamos sementar, e escollimos leituga, tomate e albahaca.

A ver se esta vez nos acordamos de regar.









lunes, 14 de marzo de 2016

XA TEMOS LISTA A MÁQUINA DO TEMPO...IMOS VER OS DINOSAURIOS

Despois de traer unha chea de material de refugallo de todo tipo, de pensar por equipos e tomar unha última decisión final entre todos e todas, despois de pintar e pintarnos a roupa (o sinto por iso) xa temos lista a nosa máquina do tempo.

Agora só queda esperar a ver que sucede.









viernes, 11 de marzo de 2016

Plantamos xeranios de cores... outra vez.

Xa que os xeranios que plantamos non saíron para adiante... decidimos plantar novos xeranios de cores.

Ademáis buscamos un arbusto bonito para a maceta que pintamos entre todos e todas na clase.

Plantamos xeranios de cores. on PhotoPeach

martes, 8 de marzo de 2016

IMOS A HORTA CON BRAIS

O outro día fumos á horta con Antonio, o mestre de PT e o seu alumno Brais, porque nos viñeron axudar a plantar patacas, allos e bulbos de flores.

Despois na clase poñeremos uns carteis.