Mostrando entradas con la etiqueta diversidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta diversidade. Mostrar todas las entradas

viernes, 31 de marzo de 2023

AMIZADES DE PATIO

 Somos un grupo de clase moi preocupado porque todos e todas no patio poidamos xogar e relacionarnos con outros compañeiros e compañeiras. 

Porque para todos e todas o momento de lecer é tan importante como o de matemáticas, inglés ou educación fisica.

Pero como ven sabemos non somos iguais, somos diferentes en canto a gustos, relacións, xogos, carácter, formas de comunicarnos e de entender o mundo.

Por iso decidimos que algo tiñamos que facer, porque está moi ben que nós fagamos o posible por ter un patio de cores, pero no patio estamos moitos máis nenos e nenas e necesitamos colaboradores.

Así que nos puxemos mans á obra e decidimos que para identificarnos necesitabamos algo, unha chapa pareceunos boa idea. Pero que lle poñemos?

Diseñamos cada un a súa opción pero o máis repetido foron os arcos de cores, nenos e nenas axudándose ou xogando xuntos, corazóns, nenos e nenas que se dan a man para xogar ou para animarse,...

Fixemos a nosa chapa e redactamos un pequeno texto para ir a todas as aulas buscando AXUDANTES DE PATIO. 

E que pasou? Pois que temos axudantes en todas as aulas.

Noraboa! Sodes fantásticas e fantásticos.