Marta tamén nos escribiu, seica anda chamando a algúns amigos e xoga as adiviñas...así que aquí vai o primeiro reto:
MÁNDAME A TÚA ADIVIÑA, nos comentarios xa as podemos escribir e entre todas as trataremos de adiviñar.
Aquí vai a miña:
NO ALTO VIVE
NO ALTO ESTÁ
TECENDO ARREO
SEN FÍO E SEN LÁ
Tamén vos deixo un enlace que nos pasa Hugo Candales para facer sopas de letras.
![]() |
preme aquí |