Mostrando entradas con la etiqueta experimentos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta experimentos. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de marzo de 2020

QUÉDANACASA...LAVA AS MANS

Ola nenos/as...que tal ides co lavado de mans?
Cómo lavarse bien las manos

Aquí vos deixo unha imaxe con tódolos pasos.
Recordades que estabamos facendo un experimento para comprobar se era ou non importante lavar as mans? Pois podédelo preparar na casa tamén.

Necesitamos:
- dúas bolsas tipo zip (tamén o podemos sustituir por film transparente).
- dúas rebanadas de pan.

Preparación:
- coas mans sucias tocamos unha das rebanadas de pan, a metemos na bolsa e pechamos.
- lavamos moi ben as mans, tocamos a outra rebanada de pan, a metemos na outra bolsa e pechamos.

Anotade a data e ide observando cada día se hai cambios. Que pasará?

Podedes ver máis sobre este experimento neste enlace


viernes, 11 de octubre de 2019

ESTAMOS DE VENDIMIA

Celebramos a vendimia con tódolos compañeiros/as no patio.
Pero antes estivemos na clase observando os diferentes tipos de uvas que trouxemos (brancas, moradas e negras), fixemos o zume entre todos nun vaso e observamos que o zume resultante era diferente.
















martes, 15 de noviembre de 2016

EXPERIMENTO: COMO INFLÚE A LÚA NAS PLANTAS

Estivemos lendo un libro sobre unha horta ecolóxica

Resultado de imagen de mi huerto ecológico cuento

e nel falaba de que para sementar había que fixarse na fase da lúa onde estivesemos. Pero por que?

Pois imos a tratar de averigualo, plantaremos sementes de cenoria nas diferentes fases da lúa durante este mes e a ver que pasa.















jueves, 19 de mayo de 2016

AS FAMILIAS NOS VISITAN: A NAI DE ANTONIO











Tivemos na clase a nai de Antonio, que veu a lernos o conto dun neno que ten o tempo no bolsillo.

Despois quedou con nós facendo experimentos na cociña: xogamos a facer estimacións, pesar a froita... non nos deu tempo a comela, pero queda para outro día.



Visita da nai de Antonio on PhotoPeach

viernes, 29 de abril de 2016

FACEMOS UN VOLCÁN NA CLASE

Seguimos co noso proxecto dos dinosaurios, aprendimos diferentes teorías sobre a súa extinción.
Unha delas era que se activaron moitos volcáns, e como nós soñamos con facer experimentos na clase decidimos recrear un volcán.






viernes, 8 de abril de 2016

SOMOS CIENTÍFICOS: o experimento da faba de Eloy

Hoxe Eloy trouxonos información das plantas e dos animais, dos libros que súa nai empregaba cando ía a escola.

Nesas páxinas aparece un expemimento, e Eloy trouxo todo o necesario para poñelo en marcha.
Nos dous botes puxemos algodón e fabas e lentellas, pero un bote ímolo regar e o outro non... que pasará? e por que?


Levaremos un riguroso rexistro, como bos científicos e xa vos contaremos.