martes, 25 de septiembre de 2018

PROXECTO: CREAR UN CARTEL PUBLICITARIO

Despois de ver o video de Mero onde nos pide axuda para coidar do planeta moitos comentamos na clase sobre o uso das botellas de plástico, algúns observamos que trouxemos botellas reutilizables ou de aluminio, pero a maioría traemos de plástico.

Decidimos que para convencer as nosas familias da necesidade de facer un cambio, podiamos facer un cartel ou anuncio.

Así que para iso é necesario empezar por saber algo máis dos anuncios.



Agora imonós poñer en marcha, por equipos faremos un bocexo do noso cartel.

lunes, 24 de septiembre de 2018

A miña escola

Nos primeiros días de clase limos a historia de "O primeiro dia na escola de vacas", un conto sobre unha vaca que leva a súa filliña, unha pitiña, a escola de vacas.

Partindo del falamos sobre como sería unha escola na que nos gustase estar, pensando en cousas reais...pero xa se sabe que a imaxinación non ten cancelas.