martes, 26 de enero de 2016

IMOS A RECICLAR

Estades preparados para coidar do medio ambiente... imos ver cánto sabedes; con estes xogos aprenderemos a reciclar ... espero que vos gusten.

vamos a reciclar

juego del reciclaje

sogama


viernes, 22 de enero de 2016

SEGUIMOS SOÑANDO CON VIRUTAS: cociñamos bombóns.

Como xa sabedes na nosa cociña temos a unha persoaxe moi especial, Virutas, que nos quere levar por diferentes países de cores.

Hoxe fumos visitar o país Vermello e alí coñecimos a Cacerolas.

E con Cacerolas e Virutas aprendimos cousas sobre a materia, que temos que saber para construir a nosa máquina do tempo con xeito.

Aprendimos a transformar a materia de sólido a líquido e a gasoso, primeiro con auga e logo con algo máis apetecible... con chocolate.













Tamén aprendimos a deixar todo recollido entre todos e todas.

martes, 19 de enero de 2016

AS FAMILIAS NA ESCOLA: VISITA DA MAMÁ DE ELOY

A mamá de Eloy veunos contar un conto moi chulo e cargado de valores sobre a importancia do traballo en equipo "La gallina Marcelina".

Este conto atopouno nos seus libros de cando era pequena, que garda con moito cariño, e invitou aos nenos e nenas da clase a conservalos para o futuro.





viernes, 8 de enero de 2016

UN AGASALLO INESPERADO: OS NOSO CARBALLOS AGROMARON

Pois eu xa pensaba que non ía nacer nada... e agora non sei onde imos plantar todas as árbores que naceron.

De momento ímolas coidar moi ben, e xa pensaremos.