sábado, 30 de noviembre de 2013

AS FAMILIAS TAMÉN LEN

Hoxe veunos ler un conto o pai de Valeria. O conto titúlase "El secreto de Papá Noel". Encantounos e ademais nos descubriu que Papá Noel ten moitos amigos.

Moitas grazas!!

miércoles, 27 de noviembre de 2013

VEN A LEER

Este é un xogo en JClic para reforzar a lectoescritura. Está moi ben e espero que vos sexa de utilidade para afianzar o progreso dos rapaces.
ven a leer

CON CINCO SENTIDOS

En coñecemento estivemos a traballar os sentidos.
Na clase xa practicamos este xogo; deixovolo aquí para seguir practicando na casa.
con cinco sentidos

NOTICIAS

contos para a nosa biblioteca
Fai uns días Aitor trouxo unha maqueta preciosa sobre o sistema solar, puxémonos a falar sobre o tema,... e tanto nos interesou que xa estamos a investigar...
contos para a nosa biblioteca

contos para a nosa biblioteca

Lucas fixo con pasta de modelas
un cohete e unha nave espacial.

contos para a nosa biblioteca

Perdoade que non teña publicado nada estes días, pero internet non quería traballar,je,je

lunes, 18 de noviembre de 2013

NOTICIAS DO DÍA


Valeria, Iria e Silvia traen uns
xoguetes para compartir.

Aitor trae un debuxo para
adornar a clase.

Aitor trae unha representación
do sistema solar
que fixo con seu pai.

Alba trae un conto para compartir.

Alicia trae un libro para compartir.

viernes, 15 de noviembre de 2013

NOTICIAS DO DÍA

Sheila Lago trouxo un contiño escrito por ela.

Sheila Boado trouxo un conto para
compartir.

Hugo, Aitor e Valeria trouxeron
xoguetes para compartir.

AS FAMILIAS CONTAN CONTOS

Hoxe tivemos na clase a visita da mamá de Lucas que nos contou un conto moi chulo "Boing", que nos levou polo espazo exterior.
Moitas grazas.

jueves, 14 de noviembre de 2013

NOTICIAS DO DÍA

Hoxe, na hora do conto, limos un conto en inglés que nos trouxo Sofía.

SUMAS SEN LEVAR

Aquí vos deixo un pequeno xogo para practicar as sumas cos números ata o 10.
Sumas sin llevar


miércoles, 13 de noviembre de 2013

NOTICIAS DO DÍA

Ola familias, hoxe no cole tivemos:
Aitor e Nerea trouxeron uns
xoguetes para compartir.

Valeria trouxo uns dentes e un libro feito por ela de debuxos.

Maria tamén trouxo un libro de debuxos.

Hugo trouxo un libro para ler

martes, 12 de noviembre de 2013

ÚLTIMAS NOTICIAS

Valeria compartiu con nós uns
muñecos que fixo cunha pasta
especial.

Silvia trouxo un debuxo para
decorar a clase.

Sara trouxo unha foto da
súa familia.

Alba trouxo debuxos para
decorar a clase.

Valeria trouxo chapas
para xogar ás matemáticas.

Sofía e Manuel trouxéronnos
uns contos para ler.

lunes, 11 de noviembre de 2013

FESTA DO MAGOSTO

Hoxe celebramos a nosa pequena festa do magosto.. a falta de comer castañas xogamos con elas. 
Pasáchedelo ben?
Pincha na imaxe para acceder ó album.

viernes, 8 de noviembre de 2013

NOTICIAS DO DÍA

Alicia e Sofía compartiron uns contos con nós.

Iria e Mario trouxeron uns xogos para todos.

jueves, 7 de noviembre de 2013

NOTICIAS DO DÍA

Alba García nos trouxo o seu
disfraz de vampiresa
dentes incluídos.

Alicia e Sofía trouxeron unhos contiños.

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Aquí vos deixo algúns enlaces a xogos sobre o magosto que traballaremos na clase:

CELEBRAMOS O MAGOSTO

XOGO DO MAGOSTO
XOGO CLIC DO MAGOSTO
XOGO HOTPATOTOES DO MAGOSTO

CANCIÓN "NON CHAS QUERO"

CUENTO "LA CASTAÑERA"

Espero que vos guste.

miércoles, 6 de noviembre de 2013

OS NOSOS RINCÓNS

Na reunión vos expliquei que cando rematamos todo o traballo, xa ao final da xornada imos os rincóns: ordenador, biblioteca, lóxica (cousiñas de matemáticas), secretaría (xogamos coas letras), ocio e arte. Pois para mostra un botón:
rincón de secretaría

rincón de ordenador

rincón de ocio

rincón de lóxica

rincón de biblioteca

NOTICIAS DO DÍA

Hoxe tivemos moitas novas:
Sheila Lago trouxo un debuxo
para decora a nosa aula.

Alicia trouxo unha lata de
cocacola personalizada.

Mario trouxo un libro para
compartir na nosa biblioteca.

Alba García trouxo chapas
para seguir xogando cos números.

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Como sabedes a semana pasada celebramos o samaín. Para iso os nenos e nenas trouxeron cabazas da casa que por equipos decoraron. Primeiro puxéronse dacordo facendo un pequeno debuxo de como a querían decorar e despois puxéronse mans a obra...Quedaron estupendas.
Feliz Samaín!
Pinchade aquí.

VAI DE CONTOS DE MEDO

Aquí vos deixo un enlace a un album coas fotos de todolos traballos dos rapaces para este proxecto.
Pincha aquí.
Grazas de novo.

martes, 5 de noviembre de 2013

LETRA A LETRA

Comezamos a traballar cunha nova letra /S/.

Agora toca xogar na casa a buscar palabras que a conteñan, facer palabras con esta letra,...
Recórdovos que xa estivemos traballando o /p//m//l/.

NOTICIAS DO DÍA

Hoxe Sofía e Hugo nos trouxeron un par de contiños para ler. De momento limos, entre todos e todas, o de Hugo "Caltota e o príncipe azul".


Mario trouxo un moco "pedorreta", peidos non botaba pero quedaba pegado en todas partes.

Por último Valeria trouxo minerais da súa colección que todos e todas tocamos.

XOGAMOS COAS LETRAS?

Aquí vos deixo un xogo para o ordenador, co que ir repasando as letras que imos traballando na aula. Cando nós vaiamos a informática tamén o usaremos para repasar e afianzar os coñecementos.
Espero que vos guste.
A xogar!!!!
Xogamos coas letras