Mostrando entradas con la etiqueta proxecto MediaVales. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta proxecto MediaVales. Mostrar todas las entradas

domingo, 29 de abril de 2018

HISTORIA DA SEDA

Na clase xa naceron os gusanos de seda... a algúns danlle un pouquiño de noxo, pero entre todos e todas imos aprender a coidalos.

Estes gusanos xa se criaban na China na Idade Media, e eran un producto moi preciado. Pero como aprenderon os chinos a obter a seda.

Pois unha princesa china tivo moito que ver.

lenda da princesa china

E como chegou a seda a toda Europa?

Neste enlace poderémolo aprender

jueves, 26 de abril de 2018

APRENDEMOS ARQUITECTURA

A través do coñecemento dos estilos de arquitectura medieval (románico e gótico) imos aprender os aspectos máis básicos dos mesmos: liñas curvas, rectas, formas xeométricas,...

O importante que foi esta profesión e difícil ao mesmo tempo.

Vos deixo uns videos para aprender máis.




domingo, 4 de marzo de 2018

martes, 6 de febrero de 2018

APRENDEMOS SOBRE O CORPO HUMANO

Xa sabemos que as bruxas non eran esas  mulleres con verrugas e cara de malas que nos pintan nos contos, senón mulleres que tiñan que vivir agochadas pero ás que todos acudían porque sabían moito sobre o corpo humano e os seus coidados.

Así que imos aprender, igual que elas, cousiñas sobre o noso corpo para despois saber como coidalo, e como o coidaban na Idade Media.


Accede ao recurso
Accede ao recurso


Accede ao recurso
Accede ao recurso
Accede ao recurso

Accede ao recurso















viernes, 10 de noviembre de 2017

Receita Medieval: castañas aromatizadas


Hoxe acompañounos na clase a nai de Noa, que nos axudou a preparar unha receita medieval con castañas.

A receita é ben sinxela: pelar castañas e cocelas en leite, aromatizado con anís e menta.








martes, 24 de octubre de 2017

Visitamos a nosa biblioteca

Hoxe visitamos a biblioteca para recoller os nosos carnes... e levamos unha boa sorpresa.

A biblioteca estaba ambientada como un salón medieval, encantounos. Ata Leo estaba disfrazado de cabaleiro.



A partir de hoxe xa podemos levar libros para casa e disfrutalos en familia.