Pois o novo curso non podía empezar mellor. Plantando e amañando un pouquiño o xardín, despois do verán, atopamos nunha maceta "bebés caracois".
Collín uns pouquiños e leveinos para a clase.
As súas caras pagaron a pena... sobre todo ao ver como se implicaron en buscar información dos caracois e en traer o necesario para ter os caracois na clase.
Grazas, sobre todo a Antonio que nos trouxo a caixa onde espero que estean todo o curso.
Coidar...coidarémolos moito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario