Blog dunha mestra que quere poñer a disposición de nais/pais, alumnado e outros profesionais da ensinanza, materias de diverso tipo e do seu interese.
viernes, 20 de diciembre de 2013
ACTUACIÓNS ESTELARES
Despois da actuación no concerto de Nadal (cantaron unha panxoliña que aprenderon en música e contaron os chistes), Valeria nos ofreceu un pequeno concerto de violín que nos gustou moito.
Despois todos comentaron os instrumentos que tiñas na casa e os que sabían tocar. Eu animeinos a que fixeran un concerto tamén, e Alba García ao día seguinte trouxo a súa frauta.
Que ben tocaron as dúas!!
CON ESTE RAMO DE...
miércoles, 4 de diciembre de 2013
TRABALLAMOS CO XORNAL
Iniciamos unha nova actividade de aula: o traballo cos xornais.
Nesta ocasión estabamos buscando unha noticia do cometa Isón, pero non dimos atopado nada.
Por iso vos pedimos axuda dende casa.
Nesta ocasión estabamos buscando unha noticia do cometa Isón, pero non dimos atopado nada.
Por iso vos pedimos axuda dende casa.
lunes, 2 de diciembre de 2013
RECIBIMOS UN PREMIO
Hai unhas semanas o Equipo de Dinamización da Lingua Galega estivo facendo a través do seu blogue un concurso de adiviñas no que participamos como clase.
Déronnos só por participar unha camiseta ( ao final de curso a sortearemos).
Anímovos a que entredes no seu blogue www.nontecortescoalingua.blogspot.com e que participedes nos concursos que vaian propoñendo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)