viernes, 31 de enero de 2014

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Seguindo a proposta do equipo de dinamización da lingua galega, elaboramos entre todos/as un abecedario con palabras relacionadas coa paz... moitas grazas a todos/as os que participastes.
Mirade que chulo nos quedou.

AS FAMILIAS TAMÉN LEN.

Este venres veunos ler un conto o pai de Ana Cobelo.
Fai uns días Ana trouxo un conto dun neno que buscaba unha estrela pero estaba en francés e non o puidemos ler, así que invitamos ao seu papá para que nolo contara.
Primeiro leuno en francés e despois en castelán, incluso lles ensinou unhas palabras en francés... gustoulles moito (agora queren poñer a data en francés e todo).

miércoles, 29 de enero de 2014

COMO SE ALIMENTAN OS ASTRONAUTAS?

Aquí vos deixo uns videos que vimos na aula sobre cómo se alimentan os astronautas no espazo.

Como vimos é moi importante a súa alimentación antes e durante un vó espacial; do mesmo xeito tamén nos temos que coidar a nosa alimentación, sobretodo se queremos ser astronautas no futuro.

Comida dos astronautas

Ademáis aquí vos deixo un enlace a unha páxina por se temos algún/algunha astronauta en potencia na clase.

si quieres ser astronauta, entrénate desde niño

OUTRA CLASE DE MAXIA

Antes de marchar para casa Mario ensinounos un truco de maxia...abraiados!!




lunes, 27 de enero de 2014

IMOS CELEBRAR O DÍA DA PAZ

Invitovos a todos a participar na selección das cantigas pola paz que aparecen no blogue de "non te cortes coa lingua".
Animádevos.
non te cortes coa lingua

miércoles, 22 de enero de 2014

NOVAS DO DÍA

Hoxe Sheila Boado trouxonos unhas cunchas que colecciona.


martes, 21 de enero de 2014

TAMÉN FACEMOS MAXIA...

Hoxe Valeria ensinounos un truco de maxia cuns clips e un trociño de papel... quedamos pampos.

lunes, 20 de enero de 2014

A BIBLIOTECA DO COLE

Xa nos deron os carnés da biblioteca, e como vedes xa foron moitos a coller libros.
Animádeos a coller algún contiño cada semana.

viernes, 17 de enero de 2014

MÁIS XOGOS PARA ESCRIBIR

LECTOESCRITURA

APRENDEMOS A ESCRIBIR

Aquí vos deixo un novo xogo para aprender a escribir, tanto para xogar en castelán como en galego.
Espero que vos guste.

 Actividades de lectoescritura en castelán

Actividades de lectoescritura en castelán.

Actividades de lectoescritura en galego.

O UNIVERSO: A CADELIÑA LAIKA

Hoxe fumos a aula de infórmatica a investigar quen foran os primeiros en viaxar ao espazo.

Descubriron que o primeiro home foi Yuri Gagarin, pero que antes viaxou a cadeliña Laika. Gustoulles a canción, ainda que non tanto saber que a cadeliña morrera na viaxe.
Aquí volo deixo.

jueves, 16 de enero de 2014

O Sistema Solar

Aquí vos deixo un pequeno xogo para aprender os nomes dos planetas.
los planetas del sistema solar

miércoles, 15 de enero de 2014

FELIZ ANO A TODAS E TODOS

Como sabedes o último día tivemos a visita dos Reis, podedes ir ao enlace da páxina web do cole para ver algunha fotiño.

 Visita dos Reis

Visita dos Reis