miércoles, 28 de octubre de 2015

XOGAMOS NO OUTONO

O outono xa está aquí...así que aquí vai un enlace cunha chea de xogos sobre o outono...
A DIVERTIRSE!!!

XOGOS OUTONO


lunes, 26 de octubre de 2015

CONTACONTOS PARA TODOS OS PRIMEIROS: PROTEXENDO O CAMIÑO

Este luns todo o alumnado de primeiro asistimos a un contacontos moi especial: mestras nos contaban unha historia sobre o coidado do camiño de Santiago ían ilustrando a historia.
E ademais para finalizar nos ensinaron a debuxar un peregrino.
Todo un éxito!!!











viernes, 23 de octubre de 2015

VAI DE CABAZAS

 A mestra de 1ºD, Aurora, trouxonos unhas cabazas da súa horta para ver en diferentes etapas.





INVITAMOS A VIRUTAS A DEGUSTAR FROITAS DE OUTONO

Pois hoxe trouxemos a Virutas á nosa aula para que probara con nós as froitas de outono que trouxemos: caqui, granada e zume de pomelo.







MÁIS APORTACIÓNS PARA O NOSO MUSEO DO OUTONO

Seguimos traendo máis cousiñas para o noso museo...ata a mestra trouxo froitas de outono para degustar.















martes, 20 de octubre de 2015

A NOSA PRIMEIRA PARTICIPACIÓN NO CAMPIONATO DE FUTBOL E BRILÉ.

Pois sí, por fin chegou o día tan esperado, o noso primeiro partido de futbol e brilé que organizan os mestres de Educación Física no patio.

Os partidos foron moi emocionantes e, en xeral, pasámolo moi ben... ainda que o resultado non foi o esperado... así que temos que mellorar o xogo e aprender a perder sen enfadarnos...sorte para a próxima.
















viernes, 16 de octubre de 2015

MÁIS COUSAS PARA O NOSO MUSEO DO OUTONO

Aquí vos deixo as incorporacións desta semana:








jueves, 15 de octubre de 2015

FROITAS DE OUTONO


Hoxe estivemos falando de tódalas froitas do outono que coñeciamos... sabemos un montón pero hai algunhas que nunca probamos..terémolas que traer á clase.


miércoles, 14 de octubre de 2015

PLANTAMOS LANDRAS NO INVERNADOIRO E UNHAS SEMENTES MISTERIOSAS...

Volvimos outra vez ao invernadoiro para plantar as landras que ainda tiñamos na clase.

Xa que estamos aprendendo sobre as árbores autóctonas de Galicia que mellor que traer as sementes para ver como medran estas árbores... así plantamos noces (con cáscara e sen cáscara) e castañas... sairán nogueiras e castiñeiros... xa o veremos.

Tamén plantamos as sementes misteriosas... que sairá de ahí?

Como xa teñen "experiencia" xa eles sos lles explicaban aos compañeiros como tiñan que facer.






martes, 13 de octubre de 2015

XOGAMOS COAS MATES... E CON NOCES

Cantas noces comerán hoxe os noso crocodilos? Imos xogar













Por suposto ao final as probamos...mmm que ricas.

O NOSO MUSEO DO OUTONO

Aida trouxo noces para compartir 
Como dín eles, xa temos unha chea de cousas para o noso museo... e é verdade.






José Alonso
Inés
Aida

Lía

Lola
Diego












viernes, 9 de octubre de 2015

LETRA L

Pois xa temos unha letra máis no noso abecedario de parede: debuxamos palabras con l, clasificamos palabras, escribimos palabras,....

E DESPOIS COMIMOS UVAS PARA MERENDAR



Pero que ricas estaban...!!!

CELEBRAMOS A VENDIMA

Gustounos tanto ver aos maiores participando directamente na vendima, que nos tamén quixemos experimentar.

Así que fumos a nosa cociña, alí nos agardaba Virutas, para axudarnos a ser grandes chefs