A mamá de Inés veu pasar un bo rato con nós. Primeiro leunos un conto, que a Inés lle gusta moito, e despois nos acompañou durante parte da xornada.
Pasámolo xenial!!
Blog dunha mestra que quere poñer a disposición de nais/pais, alumnado e outros profesionais da ensinanza, materias de diverso tipo e do seu interese.
sábado, 28 de noviembre de 2015
RINCÓNS DA NOSA AULA
Vos presentamos varios rincóns que temos na aula, algún deles ten moito éxito.
RINCÓN "GALERÍA DE ARTE": aquí é onde traen as súas obras de arte, debuxos que fan na casa e comparten cos seus compañeiros/as.
RINCÓN DA PRENSA: aquí iremos colocando noticias que resulten do noso interese (tanto da mestra como dos nenos/as)

RINCÓN DE SOCIAIS: aquí estivemos traballando sobre o plano de Paderne e de Betanzos, buscando onde estaba o noso cole e a nosa casa, quen vivía preto ou lonxe, quen eran os nosos veciños/as,...
viernes, 27 de noviembre de 2015
PROXECTO SOCIAIS: A NOSA CASA
Despois de falar de onde está a nosa casa, como é e como é a familia coa que convivimos, chegou o momento de adquirir pequenos compromiso que melloren a convivencia dos nosos fogares.
Así que Tania preparou unha sesión onde os rapaces falaron das cousas que poden facer na casa e despois escolleron algunha para cumprir na casa. Esperamos que non quede no papel e realmente intenten cumplila, xa nos contaredes.

APRENDEMOS DO CORPO
Preparados para xogar, porque traio unha chea de xogos para aprender sobre o noso corpo.
Mira, mira!
educanave
ceip quiroga
elrincondeinfantiljuancarlos
Mira, mira!
educalandia |
educanave
ceip quiroga
elrincondeinfantiljuancarlos
lunes, 23 de noviembre de 2015
IMOS XOGAR COAS LETRAS
Aquí vos deixo un xogo moi divertido para reforzar a aprendizaxe das letras... espero que vos guste.
lunes, 16 de noviembre de 2015
REPLANTAMOS XERANIOS E COIDAMOS OUTRAS PRANTAS
O outro día Antonio nos axudou a prantar xeranios, pero algún non prendeu. Así que volvimos, e como xa somos uns expertos fixémolo nós sós.
Xa que estábamos tratamos de recuperar unhas flores que por exceso de auga estaban morrendo, esperamos que se poñan ben.
E por último fumos ao invernadoiro e sementamos uns repolos.
E na horta transplantamos as sementes que nos trouxo Inés, e que bautizamos como planta misteriosa, porque aínda non sabemos o que son.

martes, 10 de noviembre de 2015
FELIZ FESTA DO MAGOSTO
viernes, 6 de noviembre de 2015
POR QUE CAMBIAN DE COR AS FOLLAS DAS ÁRBORES?
Tania contounos porque as follas das árbores cambian de cor: algunhas están arriba e son verdes e outras abaixo e son marróns ou amarelas, a unhas dalles máis o sol que a outras, o chan está frío, as máis finas están verdes e as máis gordas están marróns, ...
Tania trouxo follas de diferentes cores: marróns, verdes, amarelas,...
Para rematar fixemos unha árbore na porta da clase con uns paos e as follas das árbores.
Gustounos moito e aprendimos moito.
jueves, 5 de noviembre de 2015
VISITA A DOMUS
Xa que imos aprender cousas sobre o corpo, nada mllor que visitar un museo para descubrir unha chea de cousas... ADN, como nacemos, somos iguais ou diferentes, descubrir as nosas capacidades,...
Por suposto tamén merendamos.
Pasámolo xenial!!!
Por suposto tamén merendamos.
Pasámolo xenial!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)