viernes, 29 de abril de 2016

FACEMOS UN VOLCÁN NA CLASE

Seguimos co noso proxecto dos dinosaurios, aprendimos diferentes teorías sobre a súa extinción.
Unha delas era que se activaron moitos volcáns, e como nós soñamos con facer experimentos na clase decidimos recrear un volcán.






miércoles, 27 de abril de 2016

DULCINEA

Xa que estamos a traballar O Quixote, invitamos a Raquel Queizás a que nos contara a historia de Dulcinea, xa que foi unha persoaxe importante na historia de Don Quixote, para que nos contara a súa visión da historia.

Foi moi divertido.







martes, 19 de abril de 2016

TRABALLAMOS OS SINÓNIMOS

Aquí tedes algúns xogos para practicar isto das palabras sinónimas, e así cando escribamos unha historia, non repetir a mesma palabra.

empareja sinónimos 1

empareja sinónimos 2


viernes, 15 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO: COÑECEMOS A DON QUIJOTE

Dentro de pouco celebraremos no cole o día do libro infantil e xuvenil, e por iso queremos achegarlles a historia de Don Quijote e Sancho.

Aquí vos deixo estes enlaces para que poidades disfrutar das súas aventuras.

http://nea.educastur.princast.es/quixote/index2.htm
Quijote 1

jueves, 14 de abril de 2016

viernes, 8 de abril de 2016

SOMOS CIENTÍFICOS: o experimento da faba de Eloy

Hoxe Eloy trouxonos información das plantas e dos animais, dos libros que súa nai empregaba cando ía a escola.

Nesas páxinas aparece un expemimento, e Eloy trouxo todo o necesario para poñelo en marcha.
Nos dous botes puxemos algodón e fabas e lentellas, pero un bote ímolo regar e o outro non... que pasará? e por que?


Levaremos un riguroso rexistro, como bos científicos e xa vos contaremos.

viernes, 1 de abril de 2016

IMOS Á HORTA

Aproveitando que hoxe parece que está bo tempo, decidimos ir transplantar o noso millo, que xa está moi grande.
Ademáis miramos que podiamos sementar, e escollimos leituga, tomate e albahaca.

A ver se esta vez nos acordamos de regar.









AS FAMILIAS NOS VISITAN: a nai de Uxía

Hoxe estivo con nós a nai de Uxía, leunos un conto moi chulo que se titulaba "Este monstruo me suena", gustounos moito... ata ó final non soupemos quen era o monstruo.




XOGAMOS COAS UNIDADES DE MEDIDA

Aquí vos deixo uns xogos para practicar na casa coa unidades de medida... mirade ben a páxina que ten moitos máis xogos.