martes, 26 de septiembre de 2017

ATOPAMOS UN COFRE MISTERIOSO

Hoxe fumos a visitar a Lucía, que ademáis de contarnos o que fai no cole e como nos pode axudar tamén nos contou que uns nenos e nenas atoparon un cofre misterioso no patio do cole, o desenterraron e entre todo e todas imos averiguar de que se trata e para que son ou para que servían as cousas que había dentro.








Ademais nos leu o conto de Imagina... moi chulo e que nos permitirá abrir unha porta que nos leve ao sitio que nos imaxinemos...


miércoles, 20 de septiembre de 2017

OS RINCÓNS DA AULA

 Nestes días xa tivemos unha primeira toma de contacto cos rincóns da aula.


Rincón de letras.



Rincón do ordenador
Rincón da biblioteca




Rincón de matemáticas













Rincón de arte
Rincón de xogos











APRENDEMOS AS EMOCIÓNS COA NAI DE DARÍO



Este ano as familias nos visitan xa case dende o primeiro día, moi de agradecer a vosa participación.

Nesta ocasión a nai de Darío veunos ler o conto do Monstruo de cores, se non o coñecedes é un libro precioso e moi recomendable.
Resultado de imagen de el monstruo de colores


Desta maneira recordamos as emocións básicas que iremos traballando ao longo do curso en máis profundidade.

Aquí vos deixo unha pequena mostra do que fixemos nesta xornada.




lunes, 18 de septiembre de 2017

INICIAMOS UN PLAN DE CONVIVENCIA

Despois deste primeiros días xa nos imos dando conta que hai algunhas normas que temos que cumplir para que todos e todas esteamos a gusto na clase.

Pensámolas entre todos/todas e estas son as que acordamos.

Agora toca poñelas nun panel chulo e CUMPLILAS.