martes, 31 de marzo de 2020

QUE CONTO LICHES HOXE?


Aquí vos traio unha grande contacontos, non os perdades de vista:



Tamén vos deixo por aquí este caderno en lingua galega, porque en galego non hai moitos recursos pola web:

caderno lingua1


jueves, 26 de marzo de 2020

EL NÚMERO DEL DÍA

El número del día de M Belen Vazquez Freire

E máis xogos de mates

preme aquí



OS DEBUXOS DE GAEL

Gael fainos chegar os debuxos dos contos que vos vou propoñendo.

os meus veciños

o ratiño e o león

XOGAMOS COAS MATES

Vos deixo o enlace a esta web onde podemos seguir aprendendo e xogando coas mates.

enlace

QUE CONTO LEMOS HOXE?

Aquí vos traio a proposta de Eloy Moreno, un grande escritor, que nos ofrece este libro gratuito, e outros a precio moi económico na súa web.

preme aquí

miércoles, 25 de marzo de 2020

QUE CONTO LEMOS HOXE?

Olga de Dios é unha grande ilustradora e escritora. Na súa web podedes atopar todolos seus libros, algúns deles en formato pdf.


Pájaro Amarillo
En familia
Leotolda
Rana de tres ojos















Preme aquí para conseguir os teus debuxos preferidos de Olga de Dios.

martes, 24 de marzo de 2020

Ainhoa e Lucas Saavedra nos saúdan.

xogamos ao coronavirus de M Belen Vazquez Freire

PARA TRABALLAR UN POUCO DE TODO

Para traballar online deixovos o enlace a esta web, que ten recursos para todalas idades e materias.

Na área de matemáticas de 1º ten enlace ao libro de mate que temos na aula.

ceiploreto

Non esquezades tamén o apartado de comprensión lectora interactivo e problemas interactivo.

Un biquiño a todos/as.

QUE CONTO LEMOS HOXE?


Aquí temos a Soledad Felloza, que nos vai contar un conto de ratiños...agardo que vos guste, recordade facer un debuxo e escribir algunha frase sobre o conto.




lunes, 23 de marzo de 2020

QUE CONTO LEMOS HOXE?

Bos días!!
Hoxe traio unha obriña de teatro da compañía Caramuxo Teatro.

preme aquí
Se o enlace non vai, podédelo atopar no facebook.
Nesta obra fala sobre os veciños/as, eses que algúns estamos descubrindo estes días, que saen ao balcón para animarnos,...podemos atopar nos xornais noticias sobre eses veciños/as que fan cousas divertidas, ou ao mellor ti tes un veciño/a especial. Podesnos contar quen é? Por que é especial? Ou algún veciño/a que non poidas ver e que  botas de menos?

Hoxe pola tarde Leandro Lamas vainos ensinar outro debuxo, seremos capaces de seguilo? Mándame os vosos debuxos ao mail.

Tamén temos un concento de Uxía Lambona e a banda lambona ás 16:45, bailamos?

E tamén vos traio un xogo de Crecer Creando, non deixedes de visitar o seu blog, facebook e cando poidades a súa tenda.

preme aquí
E por último un xogo de cálculo, tamén proposta de Crecer Creando.
Apaña uns dados pola casa e imos xogar:

A ver cuántas operaciones conseguís hacer en un minuto. Pongo 5 niveles, elegid el que mejor se adapte.
NIVEL 1: Tira 2 dados y súmalos. Vuelve a hacer esto todas las veces que puedas en un minuto.
NIVEL 2: Tira 1 dado y calcula su doble, tira otro dado y súmaselo a lo que te ha dado. Vuelve a hacer esto todas las veces que puedas en un minuto.
NIVEL 3: Tira 3 dados, súmalos y calcula el doble del resultado. Vuelve a hacer esto todas las veces que puedas en un minuto.


Moitos bicos e a xogar!!




viernes, 20 de marzo de 2020

Mero tamén quedou na casa

Mero tamén está na casa celebrando a chegada da primavera da mellor maneira que sabe, buscando sementes para plantar.



Ola nenos e nenas, que tal imos levando estes días? Eu ando a cavilar en maneiras de seguir coidando do planeta dende casa.

Está a chegar a primavera e o que máis me gusta é plantar. Xa sei que non todos/as temos horta, pero seguro que temos un balcón ou ventana, botellas de plástico, briks de leite, envases de iogur,... falta as sementes e a terra.

Para as sementes teño a solución...as tes na cociña. Non me crees?





clica aquí
Neste blogue tedes moitas máis ideas...espero os vosos comentarios e fotos. Podédesme escribir a ahortademero@gmail.com

miércoles, 18 de marzo de 2020

QUE CONTO LEMOS HOXE?

Imos co conto de hoxe..



Por que os animais do bosque escapaban do lobo? Por que pensaban que unha ovella e un lobo non poden ser amigos? Hai outros animais que non poidan ser amigos?

Hoxe precisamos a axuda de mamá e papá. Imos facer unha pequena presentación sobre as relacións dos animais, tanto daqueles animais que se poden axudar entre sí como aqueles outros que en principio non deberían estar xuntos pero que se caeron ben.

Para que vos poida axudar aquí vos deixo algunhas páxinas que atopei:




Que vos parece? Poderiades atopar máis. Deixa os enlaces nos comentarios ou mándame un mail.

martes, 17 de marzo de 2020

QUE CONTO LICHES HOXE?

Hoxe bos propoño este conto, ao mellor xa o coñecedes.



Tamén vos traio unha proposta para escribir cada día unha cousiña diferente. Esta sacada do blogue El lápicero mágico. Xa veredes como vos gusta. No seu blogue podedes descargar o pdf, pero cun par de folios tamén o podedes facer...botádelle imaxinación e cambiade o que vos apeteza...espero ver os resultados nos comentarios.




lunes, 16 de marzo de 2020

LEANDRO LAMAS TAMÉN QUEDA NA CASA

Leandro Lamas estará hoxe pola tarde as 16:00 facendo un debuxo paso a paso nas redes.
Eu atopeino no facebook.
Intentamos facer algún dos seus debuxos?

Ánimo e compartide.


Alejandro xa nos mandou o seu.



QUE CONTO LICHES HOXE?

Unha das cousas que podedes facer TÓDOLOS DÍAS é ler un conto.
Despois podedes facer un debuxo e escribir unhas frases sobre el.
Que vos parece se as compartimos neste post? Anímadevos a mandarme os vosos debuxos e así os podemos compartir entre todos.

Eu hoxe vos propoño este conto:


Agardo os vosos debuxos.



QUÉDANACASA...LAVA AS MANS

Ola nenos/as...que tal ides co lavado de mans?
Cómo lavarse bien las manos

Aquí vos deixo unha imaxe con tódolos pasos.
Recordades que estabamos facendo un experimento para comprobar se era ou non importante lavar as mans? Pois podédelo preparar na casa tamén.

Necesitamos:
- dúas bolsas tipo zip (tamén o podemos sustituir por film transparente).
- dúas rebanadas de pan.

Preparación:
- coas mans sucias tocamos unha das rebanadas de pan, a metemos na bolsa e pechamos.
- lavamos moi ben as mans, tocamos a outra rebanada de pan, a metemos na outra bolsa e pechamos.

Anotade a data e ide observando cada día se hai cambios. Que pasará?

Podedes ver máis sobre este experimento neste enlace


miércoles, 4 de marzo de 2020

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

TemTemosos

Temos aquí unha gran muller como foi Rosalía de Castro, da súa man imos descubrir as letras galegas, a nosa fala, os seus versos,...e de camiño nos convertiremos nuns pequenos poetas.
Xa vos amosaremos as nosas creacións.