Por aquí vos deixo un enlace ás fichas de lectoescritura que estabamos traballando na clase.
Están secuenciadas por letras, nós traballamos m-t-p-l-s-d-b-d-v-n-ñ-ll-c/qu-r.
Case todos coñecen o resto das letras que faltan por traballar, de feito faciamos dictados, escribiamos contos, inventabamos historias,...
Podemos volver facer un repaso de tódalas letras:
- pensar 6 palabras que conteñan esa letra.
- construír frases con algunha delas (non vale facer sempre a mesma frase cambiando a palabra).
- romper as palabras en sílabas.
-
Tamén vos deixo un enlace a textos de comprensión lectora curtos: