martes, 13 de mayo de 2014

IMOS INVESTIGAR OS ALIMENTOS

Despois de falar que dentro dos castelos tiñan hortas onde plantaban as verduras que se comían no castelo, empezamos a repasar as diferentes verduras que coñeciamos.

Eu preguntei se todas esas verduras xa existían en España na Idade Media, a época dos castelos. Alicia acordábase de que o tomate veu de América. Eu expliqueilles que iso foi despois da Idade Media, polo que non podían ter tomates.

Así decicidimos investigar na sala de informática sobre este tema.
Imos facer un traballo de investigación en pequeno grupo (tres nenos por grupo) onde temos que buscar:
- nome da verdura.
- que parte desta verdura nos comemos.
- orixe deste alimento.
- cando chegou a España.
- algunha curiosidade.

Este traballo cada grupo o expoñerá ao resto da clase como queira.

Estas son algunhas das páxinas que podemos visitar:

wikipedia
Nestle
botica vegetal
alimentación antes y después del descubrimiento de América


No hay comentarios:

Publicar un comentario