Temos que conseguir que o noso cole estea moi bonitiño, por iso a mestra trouxonos uns esqueixes da casa... a ver se fomos vos xardineiros/as e prende algún.
De momento quedan na clase, imolos coidar e despois xa pensaremos onde os plantamos.
Poucos foron os días que levamos de clase, pero xa vemos que ás veces as cousas non funcionan...así que decidimos que hai que establecer algunhas normas para que a convivencia na aula sexa mellor.
Así que decidimos que:
Agora só nos queda facer un cartel bonito...e cumplilas, claro.
E que vimos do verán e daquela nada mellor que empezar con algo que coñecemos ben... a area.
Prepareilles unha caixa sorpresa... tiñan que menter a man e adiviñar o que contiña (area e algunha cousiña máis).
Despois fixemos un remuíño de ideas.
Que sabemos da area? Pois estes rapaces e rapazas saben un montón de cousas...
Despois preparamos entre todos/as unha nota para que na casa saiban o que imos traballar e que nos poidan axudar a aprender moitos máis.