E que vimos do verán e daquela nada mellor que empezar con algo que coñecemos ben... a area.
Prepareilles unha caixa sorpresa... tiñan que menter a man e adiviñar o que contiña (area e algunha cousiña máis).
Despois fixemos un remuíño de ideas.
Que sabemos da area? Pois estes rapaces e rapazas saben un montón de cousas...
Despois preparamos entre todos/as unha nota para que na casa saiban o que imos traballar e que nos poidan axudar a aprender moitos máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario