Hoxe estivo connosco a mama de Amaya, que nos leu o conto sobre a noite que mamá Noel repartiu os agasallos de papá Noel... ou non sabiades que tamén había unha mamá Noel.Despois presentounos un xogo de adiviñanzas: algúns nenos/as colleron unhas tarxetas onde había accións que podemos facer na casa, tiñan que imitar e os demais tiñamos que acertar... e non pensedes que era fácil...
Para finalizar tamén nos deixou uns debuxos de mamá e papá Noel para colorear e decorar a clase.
Moitas grazas!!!



No hay comentarios:
Publicar un comentario