miércoles, 21 de diciembre de 2016

VISITA DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

PLANTAMOS OS REPOLOS

Antes do nadal moitos trouxemos receitas de repolos e algúns trouxeron sementes de repolos e as plantas da súa horta.

Moitas grazas familias por colaborar, pero como non nos daba tempo a plantalas na horta as colocamos nunha macetiña e a volta das vacacións irán para a horta.


martes, 29 de noviembre de 2016

O BAÚL VIAXEIRO

Os nosos compañeiros e compañeiras de 2ºB viñeron lernos o conto de "A vella quenlla perde os dentes".

Escolleron este conto porque o seu autor, Xabier López, é betanceiro.

Eles o contaron moi ben e nos estivemos moi atentos.

Moitísimas grazas.





LEO NOS MANDA UNHA NOVA TAREFA

Hoxe apareceunos na aula unha caixa moi especial de Leo.











UN REPOLO!

Segundo nos contou Leo na nota o repolo de Betanzos ten moita sona.

Pois teremos que averiguar máis sobre este producto.

Lia contounos que xustamente ela comera repolo o día anterior e xa estivemos analizando o seu menú, tivemos que facer uns pequenos cambios para que fora un menú saudable.

Pois agora temos que preparar un menú supersaudable e navideño con este producto estrela da nosa gastronomía...ideas?

PRACTICAMOS EUROS E CÉNTIMOS

Estes días estamos outra vez tomando contacto cos euros e cos céntimos.
Ademais de practicar na aula, tamén podemos practicar en casa con estas páxinas web que vos teño seleccionadas.
Espero que vos axuden

contamos céntimos

monederos

atenex


COÑECÉMONOS MELLOR

Cando aprendemos cousas do noso corpo dámonos conta que por dentro todos e todas somos iguais.

Imos aprender agora a descubrirnos por fóra, e dándolle valor as nosas diferenzas.

Aprendemos a describir


lunes, 28 de noviembre de 2016

O CENTRO DE SAÚDE: O APARELLO DIXESTIVO

Pois paseando por Betanzos e vendo os oficios que se desenvolven na nosa rúa vimos que moi preto do noso centro temos o Centro de Saúde.


Pois imos aprender cousiñas para coidarnos mellor e ter un corpo san. Imos ser os nosos mellores médicos de atención primaria, xa que os médicos non están só para curarnos senón para previr.

Con estes xogos espero que aprendades moito.

JUGANDO Y APRENDIENDO

EDUCARTE

EDUTECA: DIGESTIÓN

CITYSALUD

ESCUELA DE ALIMENTACIÓN

MUCHOS JUEGOS


jueves, 24 de noviembre de 2016

martes, 15 de noviembre de 2016

EXPERIMENTO: COMO INFLÚE A LÚA NAS PLANTAS

Estivemos lendo un libro sobre unha horta ecolóxica

Resultado de imagen de mi huerto ecológico cuento

e nel falaba de que para sementar había que fixarse na fase da lúa onde estivesemos. Pero por que?

Pois imos a tratar de averigualo, plantaremos sementes de cenoria nas diferentes fases da lúa durante este mes e a ver que pasa.















jueves, 20 de octubre de 2016

IMOS RECICLAR

Na escola estivemos falando sobre o noso patio e como o vemos de limpo.
Ti como o ves?

Nos chegamos a conclusión que hai lixo polo patio, polo que este ano imos reciclar na aula e así non levaremos o lixo para os contenedores do patio.

E con estes xogos reciclaremos tanto no cole como na casa.

evita que caiga

la magia del reciclaje

recicla

aprendiendo a reciclar


martes, 11 de octubre de 2016

CELEBRAMOS O CUMPLE DE ASSÍA

Pois Assía xa ten 7 aniños e o quixo celebrar connosco...con dous biscoitos. Eu pensei que sería moito...pero como comen estes cativos.





lunes, 10 de octubre de 2016

IMOS PLANTAR CICLAMEN NO XARDÍN

O xardín que empezamos a acondicinar o ano pasado necesitaba unhas cantas flores de temporada.

Entre todos e todas plantamos os ciclamen, foi todo un traballo en equipo.











miércoles, 5 de octubre de 2016

galicreques


Todos os compañeiros de segundo fumos xunto cos de primerio a ver unha obra que se titulaba "Juancha y Mariacha". Durante esta obra do grupo de teatro Tarbo estivemos moi atentos e rimos moito.



lunes, 19 de septiembre de 2016

CELEBRAMOS O CUMPLE DE UXÍA

Que madalenas máis ricas!

Moitas grazas e FELIZ CUMPREANOS


miércoles, 14 de septiembre de 2016

APRENDEMOS SOBRE OS CARACOIS

Xa que imos ter caracois na clase, imos aprender algo sobre eles.

Primeiro fixemos unha asamblea para determinar o que sabiamos e o que queremos saber, en xeral temos moito interese pola súa cuncha e polos ovos, así como por saber onde podemos atopar caracois.

Espero que nestas páxinas atopes toda a información que necesitas.

datos interesantes

la chachipedia

caracolpedia

consellos para ter un caracoleiro

martes, 13 de septiembre de 2016

TEMOS CARACOIS!!!

Pois o novo curso non podía empezar mellor. Plantando e amañando un pouquiño o xardín, despois do verán, atopamos nunha maceta "bebés caracois".

Collín uns pouquiños e leveinos para a clase.

As súas caras pagaron a pena... sobre todo ao ver como se implicaron en buscar información dos caracois e en traer o necesario para ter os caracois na clase.

Grazas, sobre todo a Antonio que nos trouxo a caixa onde espero que estean todo o curso.

Coidar...coidarémolos moito.



martes, 24 de mayo de 2016

APRENDEMOS SOBRE A NOSA LINGUA: SINÓNIMOS E ANTÓNIMOS

Cando escribimos debemos de tratar de non empregar sempre as mesmas palabras, con esta premisa aprendemos sinónimos e antónimos das palabras.
Na seguinte páxina podedes atopar unha chea de xogos.


sinónimos e antónimos

jueves, 19 de mayo de 2016

AS FAMILIAS NOS VISITAN: A NAI DE ANTONIO











Tivemos na clase a nai de Antonio, que veu a lernos o conto dun neno que ten o tempo no bolsillo.

Despois quedou con nós facendo experimentos na cociña: xogamos a facer estimacións, pesar a froita... non nos deu tempo a comela, pero queda para outro día.



Visita da nai de Antonio on PhotoPeach

viernes, 13 de mayo de 2016

AS FAMILIAS NOS VISITAN: A NAI DE LARA FERNÁNDEZ

A nai de Lara tamén nos contou un contiño e despois quedou un ratiño connós axudándonos nas tarefas da aula.














martes, 3 de mayo de 2016

CELEBRAMOS O CUMPLE DE JOSÉ ALONSO




APRENDEMOS MATEMÁTICAS...XOGANDO CON PALILLOS

Os palillos nos serviron ata o de agora para traballar as decenas e as unidades, pero tamén serven para construir. Despois de escoitarlle a unha compañeira que lle dera moi bo resultado, decidín repetir a experiencia con eles.

















Fixemos cadrados, triángulos, cubos, pirámides cuadrangulares e triangulares,... foi moi divertido. Ao final fixemos construccións libres.

 




lunes, 2 de mayo de 2016

LECTURAS COMPARTIDAS... CON SORPRESA

Como cada luns os nosos compañeiros de 6º nos tiñan preparado un conto, pero esta vez non prepararon un conto para cada un, senón un conto para todos. A través dun teatriño nos contaron a historia de Don Quixote.

Todo o prepararon eles, a lectura, os debuxos,... o fixeron moi ben e puxéronlle moito esforzo.
Dímoslles un gran aplauso.