Seguimos aprendendo sobre Betanzos e chegounos unha cartiña de Leo que xa está rematando de preparar a súa viaxe e precisaba saber como se ía orientar mentras vaia viaxando polo ceo.
De día aínda o fumos resolvendo (un mapa, GPS, unha brúxula,...) pero de noite?
As estrelas nos guiarán, unha en concreto que se chama Estrela Polar, que sempre sinala o norte.
Pois xa que estabamos falando das estrelas ninguén mellor que uns expertos na materia que nos foron explicando onde estaba a Estrela Polar, e máis cousiñas sobre o espazo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario