martes, 26 de noviembre de 2019

APRENDEMOS OS OFICIOS CANTANDO


XOGAMOS AS ADIVIÑAS?



XOGAMOS? CLICA AQUÍ

domingo, 24 de noviembre de 2019

PREPARACIÓN DO BISCOITO DE MILLO

Ainda que o biscoito non saiu moi ben, pensamos que o forno non quentou axeitadamento, os rapaces fixeron e probaron o biscoito, e aseguraron que sabía moi rico.
Teremos que facer a proba de novo .

lunes, 18 de noviembre de 2019

CADA MES UNHA RECEITA: BISCOITO DE MILLO


A nosa primeira receita será un biscoito de millo. 
Así que imos empezar polo principio, o millo.

Os nenos/as trouxeron diferentes variedades de millo. Ao principio non sabiamos se eran iguais ou diferentes (eles supoñen que se teñen cores diferentes sairá unha fariña diferente). Tampouco saben como quitar os grans, a algún comenta que a súa avoa o facía a man.

Despois vimos este documental para aprender sobre o millo e escoitamos unha cancionciña para aprender unha chea de palabras novas relacionadas co millo.







lunes, 11 de noviembre de 2019

COÑECEMOS A PAUL KLEE

Imos coñecer a un pintor moi especial, que nos vai a descubrir as cores e as formas xeométricas.
 





martes, 5 de noviembre de 2019

MAXÍA

Na aula temos tempo  para desfrutar de grandes trucos de maxia que aprendemos nos libros que atopamos na biblioteca.
Gabriel foi o encargado de presentarlle este truco sobre a electricidade estática que aprendeu no libro que levou para a casa.

Durante uns minutos investigamos e practicamos se este truco de facer levitar uns papeliños funcionaba cos diferentes útiles da escola que tiñan no seu estoxo, e non todos funcionaban, nin funcionaban tódolos papeis.


domingo, 3 de noviembre de 2019