A nosa primeira receita será un biscoito de millo.
Así que imos empezar polo principio, o millo.
Os nenos/as trouxeron diferentes variedades de millo. Ao principio non sabiamos se eran iguais ou diferentes (eles supoñen que se teñen cores diferentes sairá unha fariña diferente). Tampouco saben como quitar os grans, a algún comenta que a súa avoa o facía a man.
Despois vimos este documental para aprender sobre o millo e escoitamos unha cancionciña para aprender unha chea de palabras novas relacionadas co millo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario