jueves, 28 de mayo de 2020

VIAXANDO CARA O ESPACIO

Ao final non puido ser pero onte dous astronautas estadounidenses estiveron preparando  unha viaxe cara ao espacio na súa nace SpaceX...
Algunha vez viches un lanzamento dun cohete espacial? O viron teu pai/nai? Teu avó/avoa?

Aquí che deixo un video do lanzamento doutro cohete.


Imaxínate o que debe ser viaxar ao espacio...
Para saber máis sobre este tema podes visitar a páxina da NASA

Gustaríache ser astronauta? Pois aquí che deixo un programa co que podes ir entrenando.
Aquí che deixo xogos para que o consigas...SORTE

preme aquí




miércoles, 27 de mayo de 2020

QUERES XOGAR?

Como hoxe vai un día de moita calor e nestas primeiras horas non é moi recomendable estar ao sol comparto convós este xogo refrescante.
Está en inglés pero é moi fácil de facer:
1. Escolle un persoaxe.
2. Busca as sumas que teñan de resultado 20 para poder avanzar e gañar a carreira.

Preparados, listos, xa...

preme aquí

lunes, 25 de mayo de 2020

CARLOS CONVERTÍUSE NUNHA GALIÑA

Carlos continuou a miña historia da galiña


queredes saber o que lle pasou pois escoitade:






viernes, 22 de mayo de 2020

A PRIMAVERA CHEGOU...

A primavera chegou para quedarse con flores e con choiva.
Estes días abriron unhas flores moi bonitas que teño no xardín.


Sabedes como se chama? É unha azucena ou lilium. Nesta planta podemos ver perfectamente os estames (onde está o polen) e o pistilo.

Agora xa estou dando pequeno paseos (ainda con medo) para aprender máis sobre as prantas que podo atopar polo camiño, como as xestas ou os estalotes.

XESTAS FLOR TIPICA DA NOSA GALICIA..Retama | Flores, Naturopatía  estalote hashtag on Twitter
Espero que no seguinte paseo descubra algunha outra.
Que pasades unha boa fin de semana.


PIOPIO E AINHOA

Ainhoa recibe a visita deste paxariño.

De que raza será?


martes, 19 de mayo de 2020

AS ADIVIÑAS DE AINHOA

Ainhoa grabou e preparou estas adiviñas para compartir convós.
Vai para locutora de radio



lunes, 18 de mayo de 2020

ASAMBLEA: FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este domingo foi o día das Letras Galegas.
Coñecimos un escritor galego, Carvalho Calero e unha das súas obras "As pitas baixo a choiva", agardo que vos gustara o conto.


Aquí vos presento as miñas pitas, ainda non teñen nome...e mirando para elas imaxinei, que pasaría se eu fose unha galiña:  podería falar coas pitas? en que idioma?que comería? gustaríame a comida?
Eu estou inventando a miña historia, anímaste a compartir a túa?


viernes, 15 de mayo de 2020

FELIZ DÍA DA FAMILIA

Ola familias, ola nenos e nenas:
Hoxe é un día moi especial, é o día da familia.
Se algo bo tivo este tempo foi que puiden pasar moito tempo coa miña familia, xogar sen preocuparme do reloxo, volver a ser nena outra vez, gabear polas árbores, compartir lecturas,...

Hoxe levanteime cun agasallo especial que a miña filla fixo para nós.



E acordeime de vós, porque tamén tedes un rinconciño no meu corazón e bótovos de menos.
Porque agardo que desfrutedes de estar en familia, de compartir, de soñar, de falar,de rir, de ter tempo,...
Unha aperta e un bico a todas.

martes, 12 de mayo de 2020

AINHOA OBSERVANDO A NATUREZA

E ti? Seguro que estes días que vas de paseo tamén observas un montón de animaliños ou prantas, nas que antes non te fixabas. Esta é unha boa oportunidade para observalos e contarnos o que aprendes sobre eles.



lunes, 11 de mayo de 2020

ASAMBLEA: O PRIMEIRO PASEO DE CARLOS

O PRIMEIRO PASEO DE CARLOS de M Belen Vazquez Freire

ASAMBLEA: O PRIMEIRO PASEO DE HUGO DELGADO

No seu primeiro paseo Hugo colleo o patín e foi dar unha volta con súa nai. Seica o pasou moi ben.




jueves, 7 de mayo de 2020

OS TRABALLOS DE CLAUDIA













Claudia, estás feita unha artista.

AS BALCONADAS EN BETANZOS

Esta é a balconada que fixeron na casa de Gael, estou segura que algún de vos tamén fixo unha, e senón ainda estás a tempo.


O FINAL DO CONTO DE CARLOS SEGUNDO GAEL

Así é como pensa Gael que remata o conto de Carlos, e el xa recibiu un video onte Carlos lle conta como remata o conto.
Se ti tamén queres saber como remata, so tes que escribir o teu final do conto e eu mándoche o video.
E ti, como cres que remata?


Recorda que podes ver o video na entrada do blogue do día do libro.

martes, 5 de mayo de 2020

ASAMBLEA: O PRIMEIRO PASEO DE GAEL






ASAMBLEA: O PRIMEIRO PASEO DE AINARA



ASAMBLEA: O NOSO PRIMEIRO PASEO_ JUAN

Juan cóntanos o seguinte:

Ola belén vivo alaun de un bosque, mi primer paseo fui con el abuelo, segundo paseo fui con mamá en patinete i es cale  y subí a un árbol, tercer paseo fue con papá y fuimos en bici y me moje con los charcos.
Adiós