Ola familias, ola nenos e nenas:
Hoxe é un día moi especial, é o día da familia.
Se algo bo tivo este tempo foi que puiden pasar moito tempo coa miña familia, xogar sen preocuparme do reloxo, volver a ser nena outra vez, gabear polas árbores, compartir lecturas,...
Hoxe levanteime cun agasallo especial que a miña filla fixo para nós.
E acordeime de vós, porque tamén tedes un rinconciño no meu corazón e bótovos de menos.
Porque agardo que desfrutedes de estar en familia, de compartir, de soñar, de falar,de rir, de ter tempo,...
Unha aperta e un bico a todas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario