miércoles, 17 de junio de 2020

Marta na casa

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

ESTE VERÁN LEO DENDE A BIBLIOTECA QUERE QUE DISFRUTEMOS DO SOL BAIXO A SOMBRA DUN BO LIBRO.
HAI MOITA VARIEDADE, PERO EL SELECCIONOU ESTES.


lunes, 15 de junio de 2020

SUPERHEROÍNA AINARA

Esta semana publicamos na Aula Virtual o último programa de radio. Pero entre tanto mail colouseme este.
Así que aquí tedes a Ainara, que nos conta o seu superpoder para coidar do medio ambiente.




Se nesta última semana hai algo que queirades compartir(debuxos, fotos, audios,...) podedes seguir a mandalo ao mail.


viernes, 12 de junio de 2020

COS CONTOS PODEMOS XOGAR

Onte estiven con Gabriel falando por Webex.
El leume o conto "A sesta dos enormes".




No conto o ogro escríbelle unha carta ao seu amigo.

Así que eu pedínlle a Gabriel que lle escribira tamén unha carta ao ogro. E aquí está o resultado.


martes, 9 de junio de 2020

Plastificando ilusiones: ¡¡El monstruo triste ha llegado a clase!!

Hoxe estou un pouco así...porque onte morreu a miña cadela Nana. Xa era moi maior, case 15 anos!!

Pero entre toda a familia imos todos xuntos superalo. É moi importante poder compartir o que nos pasa con alguén,

Vos acordades cando na clase colocabamos unha pinza co noso nome no monstro que representaba os nosos sentimentos? É importane seguir facéndoo en familia, atopar un momento no que falar.

Vos deixo aquí en enlace aos debuxos do monstro de cores para que os poidades usar na casa.

PREME AQUÍ


viernes, 5 de junio de 2020

TEMPO PARA OBSERVAR



Esta é a flor do kiwi. Podedes crer que teño kiwis dende fai moitos anos e nunca tivera tempo a ver as súas flores. 
Aquí están abertas, pero pechadas teñen o aspecto de boliñas de algodón.


Agora so toca esperar a ter os kiwis.

miércoles, 3 de junio de 2020

SORPRESA NO COLE

Que agradable sorpresa me levei hoxe cando marchei do cole, despois de recoller todo, da tristeza de ter que marchar así sen despedirnos, sen risas, sen unha aperta, ...de repente vexo..UNHAS FRAMBUESAS.



A horta nos está esperando, ela segue medrando ao seu ritmo, só precisa de alguén que lle dé un par de mecos para amosar toda a súa beleza.
Axudarédesme no próximo curso?