Blog dunha mestra que quere poñer a disposición de nais/pais, alumnado e outros profesionais da ensinanza, materias de diverso tipo e do seu interese.
jueves, 18 de junio de 2020
miércoles, 17 de junio de 2020
RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN
ESTE VERÁN LEO DENDE A BIBLIOTECA QUERE QUE DISFRUTEMOS DO SOL BAIXO A SOMBRA DUN BO LIBRO.
HAI MOITA VARIEDADE, PERO EL SELECCIONOU ESTES.
HAI MOITA VARIEDADE, PERO EL SELECCIONOU ESTES.
lunes, 15 de junio de 2020
SUPERHEROÍNA AINARA
Esta semana publicamos na Aula Virtual o último programa de radio. Pero entre tanto mail colouseme este.
Así que aquí tedes a Ainara, que nos conta o seu superpoder para coidar do medio ambiente.
Se nesta última semana hai algo que queirades compartir(debuxos, fotos, audios,...) podedes seguir a mandalo ao mail.

viernes, 12 de junio de 2020
COS CONTOS PODEMOS XOGAR
martes, 9 de junio de 2020
Hoxe estou un pouco así...porque onte morreu a miña cadela Nana. Xa era moi maior, case 15 anos!!
Pero entre toda a familia imos todos xuntos superalo. É moi importante poder compartir o que nos pasa con alguén,
Vos acordades cando na clase colocabamos unha pinza co noso nome no monstro que representaba os nosos sentimentos? É importane seguir facéndoo en familia, atopar un momento no que falar.
Vos deixo aquí en enlace aos debuxos do monstro de cores para que os poidades usar na casa.
PREME AQUÍ
viernes, 5 de junio de 2020
TEMPO PARA OBSERVAR
Aquí están abertas, pero pechadas teñen o aspecto de boliñas de algodón.
Agora so toca esperar a ter os kiwis.
miércoles, 3 de junio de 2020
SORPRESA NO COLE
Que agradable sorpresa me levei hoxe cando marchei do cole, despois de recoller todo, da tristeza de ter que marchar así sen despedirnos, sen risas, sen unha aperta, ...de repente vexo..UNHAS FRAMBUESAS.
A horta nos está esperando, ela segue medrando ao seu ritmo, só precisa de alguén que lle dé un par de mecos para amosar toda a súa beleza.
Axudarédesme no próximo curso?
jueves, 28 de mayo de 2020
VIAXANDO CARA O ESPACIO
Ao final non puido ser pero onte dous astronautas estadounidenses estiveron preparando unha viaxe cara ao espacio na súa nace SpaceX...
Algunha vez viches un lanzamento dun cohete espacial? O viron teu pai/nai? Teu avó/avoa?
Aquí che deixo un video do lanzamento doutro cohete.
Imaxínate o que debe ser viaxar ao espacio...
Para saber máis sobre este tema podes visitar a páxina da NASA
Gustaríache ser astronauta? Pois aquí che deixo un programa co que podes ir entrenando.
Aquí che deixo xogos para que o consigas...SORTE

preme aquí |
miércoles, 27 de mayo de 2020
QUERES XOGAR?
Como hoxe vai un día de moita calor e nestas primeiras horas non é moi recomendable estar ao sol comparto convós este xogo refrescante.
Está en inglés pero é moi fácil de facer:
1. Escolle un persoaxe.
2. Busca as sumas que teñan de resultado 20 para poder avanzar e gañar a carreira.
Preparados, listos, xa...
Está en inglés pero é moi fácil de facer:
1. Escolle un persoaxe.
2. Busca as sumas que teñan de resultado 20 para poder avanzar e gañar a carreira.
Preparados, listos, xa...
preme aquí |
lunes, 25 de mayo de 2020
viernes, 22 de mayo de 2020
A PRIMAVERA CHEGOU...
A primavera chegou para quedarse con flores e con choiva.
Estes días abriron unhas flores moi bonitas que teño no xardín.
Sabedes como se chama? É unha azucena ou lilium. Nesta planta podemos ver perfectamente os estames (onde está o polen) e o pistilo.
Agora xa estou dando pequeno paseos (ainda con medo) para aprender máis sobre as prantas que podo atopar polo camiño, como as xestas ou os estalotes.
Espero que no seguinte paseo descubra algunha outra.
Que pasades unha boa fin de semana.

martes, 19 de mayo de 2020
AS ADIVIÑAS DE AINHOA
Ainhoa grabou e preparou estas adiviñas para compartir convós.
Vai para locutora de radio
Vai para locutora de radio
lunes, 18 de mayo de 2020
ASAMBLEA: FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Este domingo foi o día das Letras Galegas.
Coñecimos un escritor galego, Carvalho Calero e unha das súas obras "As pitas baixo a choiva", agardo que vos gustara o conto.
Aquí vos presento as miñas pitas, ainda non teñen nome...e mirando para elas imaxinei, que pasaría se eu fose unha galiña: podería falar coas pitas? en que idioma?que comería? gustaríame a comida?
Eu estou inventando a miña historia, anímaste a compartir a túa?

viernes, 15 de mayo de 2020
FELIZ DÍA DA FAMILIA
Ola familias, ola nenos e nenas:
Hoxe é un día moi especial, é o día da familia.
Se algo bo tivo este tempo foi que puiden pasar moito tempo coa miña familia, xogar sen preocuparme do reloxo, volver a ser nena outra vez, gabear polas árbores, compartir lecturas,...
Hoxe levanteime cun agasallo especial que a miña filla fixo para nós.
E acordeime de vós, porque tamén tedes un rinconciño no meu corazón e bótovos de menos.
Porque agardo que desfrutedes de estar en familia, de compartir, de soñar, de falar,de rir, de ter tempo,...
Unha aperta e un bico a todas.

martes, 12 de mayo de 2020
AINHOA OBSERVANDO A NATUREZA
E ti? Seguro que estes días que vas de paseo tamén observas un montón de animaliños ou prantas, nas que antes non te fixabas. Esta é unha boa oportunidade para observalos e contarnos o que aprendes sobre eles.
lunes, 11 de mayo de 2020
jueves, 7 de mayo de 2020
AS BALCONADAS EN BETANZOS
Esta é a balconada que fixeron na casa de Gael, estou segura que algún de vos tamén fixo unha, e senón ainda estás a tempo.
O FINAL DO CONTO DE CARLOS SEGUNDO GAEL
Así é como pensa Gael que remata o conto de Carlos, e el xa recibiu un video onte Carlos lle conta como remata o conto.
Se ti tamén queres saber como remata, so tes que escribir o teu final do conto e eu mándoche o video.
E ti, como cres que remata?
Recorda que podes ver o video na entrada do blogue do día do libro.
Se ti tamén queres saber como remata, so tes que escribir o teu final do conto e eu mándoche o video.
E ti, como cres que remata?
Recorda que podes ver o video na entrada do blogue do día do libro.
martes, 5 de mayo de 2020
ASAMBLEA: O NOSO PRIMEIRO PASEO_ JUAN
jueves, 30 de abril de 2020
AINHOA XOGA NA CASA
Ainhoa xa é unha esperta no cadro dos números e fai crucinúmeros tan complicados coma este, ti tamén eres capaz?
Tamén pintaron unhas pedras con debuxos, e despois inventou frases usando dúas de cada.
É unha gran idea!!
Se non tedes pedras podedes usar tapóns ou facer debuxos pequenos, metelos nunha caixiña...e xogar a inventar a historia máis longa xamáis contada.
CARLO ESTÁ FEITO UN ARTISTA
Carlos segue a xogar cos números cun dominó.
Pero tamén fixo este fermoso cadro, cun pouco de axuda da súa irmá.
Un artista.
martes, 28 de abril de 2020
lunes, 27 de abril de 2020
FELÍZ DÍA DO LIBRO
Para saber como remata o conto de Carlos, tedes que escribir o final da historia e mandarma por mail. Eu mandareivos o final do conto.
Seguide así de traballadores, estou moi orgullosa de todos vós.
jueves, 23 de abril de 2020
GABRIEL XOGANDO COAS MATES
Suscribirse a:
Entradas (Atom)